Publicador de contidos

Publicador de contidos

Susana Rodríguez Gacio gaña o sétimo europeo de paratriatlón, o quinto consecutivo

Susana Rodríguez Gacio gaña o sétimo europeo de paratriatlón, o quinto consecutivo

Malia os problemas físicos que padeceu nos últimos meses, a viguesa refíxose para acadar un novo éxito no seu extenso palmarés

G24.gal 15/06/2026 08:34

Enésimo éxito internacional para Susana Rodríguez Gacio. Sétimo campionato de Europa. Foi en Tarragona e a carón da guía Sara Pérez. A triatleta viguesa superou as adversidades destes meses. Pasou polo quirófano para solucionar un problema de xeonllo e reaparecía nesta cita. Gañou por diante da italiana Tarantello e da alemá Renner. É o seu sétimo europeo, o quinto consecutivo. Unha deportista inalcanzable para as rivais.

Malia sair do sector da auga case un minuto por detrás de Tarantello, Gacio conseguiu recuperar no treito de bicicleta e chegou en condicións de resolver na carreira a pé. O tempo da galega foi de 1 hora 06:05, con case dous minutos sobre a italiana e 2:18 por riba de Renner.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade