Os galegos Susana Rodríguez, González Rivas e Ana José Varela, embaixadores da marca España
Filipe VI recoñeceu o "espírito aberto e creador" dso embaixadores, nun contexto internacional marcado por profundas transformacións económicas e xeopolíticas
Tamén recibiron a acreditación a chef Carme Ruscadella, única muller no mundo con sete estrelas Michelin; o escultor Jaume Plensa; o presidente de Mapfre, Antonio Huertas e Regina Llopis, matemática e doutora en IA
O rei presidiu o acto de entrega das acreditacións á décimo primeira promoción de embaixadores honorarios da marca España, entre os que se encontran tres galegos: a bicampioa paralímpica Susana Rodríguez, o cirurxián Diego González Rivas e a directora financeira da OCDE, Ana José Varela.
Son sete novos embaixadores, referentes nas súas disciplinas, que proxectan a mellor imaxe de España polo mundo adiante. Entre eles, a atleta viguesa Susana Rodríguez.
"Médica e bicampioa olímpica de tríatlon, encarna de maneira exemplar ese espírito de superación unindo a vocación de coidar os demais coa determinación de competir e acadar a excelencia deportiva", dixo Filipe VI.
No eido das relacións internacionais, outra galega: a luguesa Ana José Varela, directora financieira da OCDE.
O rei Filipe VI entrega a distinción á luguesa Ana José Varela ( Alejandro Martínez Vélez Europa Press)
E o cirurxian coruñés Diego González Rivas, "creador dunha técnica pioneira de cirurxía torácica minimamente invasiva e que leva o seu coñecemento a hospitais de máis dun centenar de países mellorando a vida de miles de pacientes unindo excelencia científica, innovación e compromiso humano".
Este acto colleu precisamente no estranxeiro a González Rivas. Os seus pais recolleron a distinción e desculpou en vídeo a súa ausencia.
"Estou nun curso internacional ensinando a cirurxiáns de todo o mundo. Viñeron 30 cirurxiáns que levan meses preparando a viaxe e non puiden cancelar o curso".
Tamén recibiron a acreditación a chef Carme Ruscadella, única muller no mundo con sete estrelas Michelin; o escultor Jaume Plensa; o presidente de Mapfre, Antonio Huertas, e Regina Llopis, matemática e doutora en IA.