Alcaraz desfaise de Alex de Miñaur e alcanza por primeira vez as semifinais en Australia
O murciano enfrontarase en semifinais contra o alemán Alexander Zverev, finalista o ano pasado
Foto EFE
Carlos Alcaraz, número uno do mundo, bateu a Alex de Miñaur, o último xogador australiano sobrevivente no torneo, e alcanzou por primeira vez na súa carreira as semifinais do Aberto de Australia (7-5, 6-2 e 6-1).
O xogador murciano, de 22 anos, gañador de seis títulos do Grand Slam, aínda que ningún en Melbourne por agora, tardou dúas horas e 18 minutos en acabar coa resistencia do xogador de Sydney que decaeu en canto perdeu o primeiro set, o que máis preto de gañar tivo.
Alcaraz enfrontarase en semifinais, o vindeiro venres, contra o alemán Alexander Zverev, finalista o pasado ano, que previamente gañou ao estadounidense Learner Tien por 6-3, 6-7(5), 6-1 e 7-6(3).