Cargando resultados...
A Garda Civil requisou case 90 quilos de lagostinos capturados en zona prohibida
Intentaban agochar a mercadoría que descargaban dun barco en colectores do lixo
G24.gal
17/09/2022 12:49
A Garda Civil incautose de case 90 quilos de lagostinos no porto da Coruña. Os axentes dos servizo marítimo que comprobaban a trazabilidade dos produtos da pesca decatáronse dunha manobra anómala.
Unha persoa achegaba un colector de lixo a un barco que aínda non descargara. Ao inspeccionalo, atoparon varias bolsas de pástico con 89,5 quilos de lagostinos capturados, presuntamente, nunha zona prohibida.
O patrón e o armador do barco están investigados por un delio contra a flora e a fauna.