Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homenaxe ao axente galego atropelado en Castelló cando perseguía uns ladróns fóra de servizo

Homenaxe ao axente galego atropelado en Castelló cando perseguía uns ladróns fóra de servizo

Marcos Troitiño abandonou o hospital vigués en que estivo oito meses ingresado 

Non podía respirar nin comer por si mesmo e aprendeu a falar e a mover o corpo 

G24.gal 13/06/2024 08:01

O Garda Civil de Pontevedra gravemente ferido nun atropelo en Castelló, onde estaba destinado, recibiu a alta hospitalaria.

Perseguía uns ladróns que saían dun centro comercial mentres estaba fóra de servizo. Un traumatismo cranioencefálico deixouno durante meses en estado de coma. A súa recuperación levouse dende outubro nunha unidade especializada de rehabilitación neurolóxica dun hospital de Vigo.

Este mércores, á saída do centro médico, recibiu unha emotiva homenaxe por parte dos seus compañeiros e amigos, en que participou unha trintena de compañeiros da Garda Civil e mais doutros corpos e forzas de seguridade do Estado.

Atrás queda unha estadía de varios meses na UCI e na unidade especializada de neuroloxía do hospital. Non podía respirar nin comer por si mesmo e tivo que aprender a falar e a mover o corpo. Cumpriu aprenderlle ao seu cerebro a dar novamente as ordes e deuno conseguido.

Agora regresa á casa para retomar o seu proxecto de vida en Xixón, de onde é natural a súa muller. A familia asegura que están nunha nova fase da súa vida, en que hai que seguir traballando xa que hai máis marxe de mellora. Marcos, un home con moita forza de vontade, asegura que volverá camiñar sen axuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade