Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil dá por descabezada a facción máis violenta dos Latin Kings en España

A Garda Civil dá por descabezada a facción máis violenta dos Latin Kings en España

O líder dirixía a banda desde a prisión de Teixeiro

Estaba estruturando unha facción máis violenta, a dos Torcidos

G24.gal 20/02/2023 14:57

A Garda Civil descabezou os Torcidos, a facción disidente e máis violenta dos Latin Kings, que non aceptaba as decisións tomadas pola dirección actual da banda en España despois da caída de Eric Velastegui. O fundador e primeiro líder da organización que foi encarcerado en 2003 por unha violación, entre outros delitos.

Velastegui dirixía a facción dos Torcidos desde a prisión de Teixeiro, e foi detido a pasada semana xunto a outras 15 persoas nunha operación da Garda Civil. Entre os detidos atópase a man dereita de Velastegui. E tamén a súa parella, que lle axudaba nos labores de liderado da facción e que é a única muller detida na operación.

Viaxaba a Madrid, onde o grupo centraba a actividade criminal. Captaban mozos en parques e institutos, organizando concertos. A meta era estruturar un novo capítulo unha nova facción dos Latin Kings en España. "Sería a facción dos torcidos. Máis violenta e máis agresiva", aseguran os investigadores.

Financiábanse mediante roubos con violencia, tráfico de drogas e doazóns dos seus membros. A Garda Civil acúsalles dos delitos de pertenza a organización criminal, lesións, ameazas, roubo con violencia e tráfico de estupefacientes, entre outros.

Tras pasar a disposición xudicial, os 15 detidos -Velastegui xa está encarcerado- quedaron en liberdade provisional, 12 deles con medidas cautelares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade