Cargando resultados...
A Garda Civil acompaña grupos no Camiño para garantir a seguridade
Axentes da Agrupación de Reserva e Seguridade escoltan estes días peregrinos italianos
A ruta xacobea cada vez é máis accesible e segura
G24.gal
07/09/2022 20:31
Última actualización 07/09/2022 20:42
O Camiño de Santiago non entende de fronteiras nin de capacidades.
Estes días están facendo a ruta xacobea un grupo de mozos italianos con autismo.
Acompañados polas súas familias e por monitores, contan ademais co apoio de axentes da Garda Civil.
Os axentes, ao redor dunha vintena, pertencen á Agrupación de Reserva e Seguridade da Garda Civil e durante as cinco etapas do Camiño escoltan o grupo de peregrinos italianos.
Esta expedición é unha mostra de que o Camiño resulta accesible para todos.
Unha vía que mantén o seu poder de atracción e que cada día é máis inclusiva.