A galega Tere Abelleira abre a goleada da selección ante Zambia (5-0)
Co triunfo aseguran o pase a oitavos de final do Mundial

A selección española goleou a selección de Zambia no seu segundo partido do Mundial feminino de Australia e Nova Zelandia (5-0), e asegúrase o pase a oitavos de final do campionato.
Os goles de Jennifer Fermoso (m.13),(m.70); Teresa Abelleira (m.9) e Alba Redondo (m.69 e 85) colocan a España primeira do Grupo C, por encima de Xapón, cun gol máis a favor, á espera de enfrontarse coas asiáticas no último partido de fase de grupos. Alexia Putellas saíu no 11 titular e asistiu no segundo gol a Jennifer Fermoso. No minuto 46 foi substituída por Alba Redondo.
👀 ¡¡POR CIERTO!! A falta de un partido de la fase de grupos...
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 26, 2023
🙌🏻❤️ ¡𝗘𝗦𝗧𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗖𝗟𝗔𝗦𝗜𝗙𝗜𝗖𝗔𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗢𝗖𝗧𝗔𝗩𝗢𝗦!
📊 Así está la tabla del Grupo C: https://t.co/46IaurKTko
💪🏻 Seguimos, equipo 🤩#JugarLucharYGanar I #FIFAWWC pic.twitter.com/pXst3aACDV