A folga indefinida dos letrados da Administración de xustiza xa obrigou a suspender arredor de tres mil xuízos en Galicia
A folga indefinida dos letrados da Administración de xustiza xa obrigou a suspender arredor de tres mil xuízos en Galicia
Está paralizada practicamente toda a actividade procesal que se desenvolve nas oficinas xudiciais
O colectivo reclama ao Goberno central melloras retributivas e salariais
As organizacións convocantes falan dun seguimento masivo e os datos confírmano, porque nos primeiros sete días de folga xa se suspenderon arredor de tres mil xuízos en Galicia.
A paralización da actividade xudicial chega tamén aos despachos, que xa sofren as consecuencias deste paro.
A folga non só afecta a celebración dos xuízos, senón que tamén repercute na xestión doutros trámites que neste momento están suspendidos. O colectivo reclama ao Goberno central melloras retributivas e salariais.
Para o ministerio, calquera reclamación salarial do colectivo está fóra de lugar.