Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paro do transporte mantén paralizada a actividade forestal na Mariña

O paro do transporte mantén paralizada a actividade forestal na Mariña

Os eucaliptos deberan estar cortados e seguen en pé

G24.gal 29/03/2022 13:29

Pistas forestais polas que non circula maquinaria e eucaliptos que deberan estar cortados e seguen en pé. É a situación que se vive en toda A Mariña por causa da folga de transporte.

Os primeiros cortadores non poden servir madeira ás industrias e estas non poden sacar por estrada os produtos elaborados.

É unha situación que provoca importantes perdas económicas, pero que tamén implica unha demora nuns traballos que despois haberá que recuperar a marchas forzadas.

"Dende o día 14 temos a actividade parada. Suspendemos o traballo no monte porque non se pode trasladar a madeira e non ten sentido estar facendo talas nestes momentos", explica María José Fernández, de Torres Forestal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar