Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira Volta ao Medievo pecha en Lugo as festas do San Froilán

A feira Volta ao Medievo pecha en Lugo as festas do San Froilán

A cita conta con postos de mercadores, desfiles de cabaleiros, trobadores e cantares de cego

Félix Aragunde 12/10/2022 14:15

Como colofón ás festas do San Froilán, regresou a Lugo a feira Volta ao Medievo, celebrada na contorna da catedral. A cita conta cun mercado medieval onde se ofrecen demostracións dos diferentes oficios daquel tempo e onde os mercadores venden todo tipo de produtos artesanais, dende pezas de roupa e ferramentas ata viandas coma embutidos ou queixos.

A feira medieval alberga tamén xogos e diferentes espectáculos de época, coma un desfile de cabaleiros ou representacións teatrais.

Suso Cao, organizador: "Facemos o percorrido e volvemos aquí. Despois, hai actuacións aquí toda a mañá, o xantar e á tarde un concerto na catedral".

Esta volta ao medievo está amenizada, ademais, coas músicas dos trobadores e dos cantares de cego. De feito, acolle tamén un encontro de romanceiros medievais de todo o país, denominado 'Os cegos no Camiño'.

Xaneco Tubío, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos: "Vimos o grupo de zanfonas da Tradescola traer cantos de cego e os romances. Somos oito zanfonistas, con percusión e mais cantamos. Tratamos de manter vivo o uso que a música tradicional tivo da zanfona como soporte do canto".

Unha queimada popular completará a oferta variada dunha feira que volve pechar o programa das patronais luguesas. Farao xunto co concerto de Treixadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos