Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira de Santos en Monterroso volve puntual á cita do 1 de novembro

A Feira de Santos en Monterroso volve puntual á cita do 1 de novembro

Uns 850 postos agardan a visita dunhas 20.000 persoas nunha das feiras máis antigas de Galicia

G24.gal 01/11/2022 09:56 Última actualización 01/11/2022 18:35

Se hai unha feira con sona e antigüidade esa é á Feira de Santos en Monterroso. Este martes agardan reunir a máis de 20.000 persoas.

Hoxe a vila reúne uns 850 postos, moitos deles poñendo a venda artigos de temporada: castañas, mazás, produtos da horta, como as primeiras nabizas, mel, moito embutido e moito queixo, como non podía faltar na zona da Ulloa.

Pero tamén hai gando e mercado cabalar nesta feira que é unha das máis antigas de Galicia, con máis de 800 anos de historia, segundo está documentado. Unha festa declarada de interese turístico galego.

O tempo acompaña así que no regreso á "normalidade" logo de dous anos condicionados pola pandemia agardase un gran éxito de convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade