Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia de Floki, un 'border collie' perdido en Lugo, segue buscando e pide a colaboración cidadá

A familia de Floki, un 'border collie' perdido en Lugo, segue buscando e pide a colaboración cidadá

É un can xa maior que precisa medicación por unha enfermidade renal

É de cor branca e negra, con manchas grises, e ten un ollo marrón e o outro azul

O teléfono de contacto é  619 321 814

G24.gal 04/02/2026 08:35

Floki desapareceu da vivenda familiar en Lugo durante unha treboada o xoves da pasada semana. Dende aquela, búscano sen descanso.

Floki é de cor branca e negra, con manchas grises, e ten un ollo marrón e outro azul. É un can moi asustadizo, polo que non convén intentar collelo, xa que fuxiría. Se alguén o ve, os propietarios piden que se avise a este número de teléfono: 619 321 814.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade