Rafael, o novo burro da illa da Toxa
Un dos principais obxectivos do proxecto do parque é a preservación desta raza en declive
O parque de burros da illa da Toxa conta cun novo membro na familia. Rafael Sáenz-Díez naceu durante a Semana Santa, pero mantívose en segredo xunto á súa nai para garantir a súa supervivencia.
O técnico de Medio Ambiente do Concello do Grove, Francisco Meis, explicou que a cantidade de xente que veu ao parque neses días, e iso sería unha presión moi grande para o burro. Por iso, obtaron por escondelo coa nai durante os primeiros dias, sobre todo porque tiña que tomar o calostro, a primeira leite fundamental para formar o seu sistema inmunitario.
Agora, Rafael Sainz Diez xa pasea axunto cos seus compañeiros no parque da Toxa, onde todos teñen nomes de personaxes históricos que estiveron ligados a Illa.
No parque hai agora mesmo seis burros, o último naceu o ano pasado. Un dos principais obxectivos do proxecto é a preservación desta raza en declive.