Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barni é a mellor vaca frisoa de Galicia

Barni é a mellor vaca frisoa de Galicia

Foi a Gran Campioa do concurso Fefriga 2026

O exemplar pertence a Gandería Rubio, de Santa Comba, que tamén gañou o premio de mellor criador e rabaño

G24.gal 15/04/2026 12:16 Última actualización 16/04/2026 09:51

​​​​O pasado domingo corouse en Santa Comba a Rubio King Doc Barni, a mellor vaca frisoa de Galicia. Esta, ademais de ter unha morfoloxía case perfecta, tamén é a vaca que máis leite produce da súa corte, producindo cerca de 84 litros diarios.

​​​​​A vaca premiada, a Gran Campioa Barni, pertencía a Gandería Rubio. Eles lévana preparando para a pasarela do frisón desde a primeira vez que pariu, cando comezou a dar leite e pasou a unha alimentación especial baseada en forraxe e penso. Ademais, cóidanlle a pel do ubre con crema hidratante.

O gandeiro que coida a Barni, Iván García Amarelle, explicou que destaca pola súa calidade morfolóxica e fantástico ubre, o que fixo que conquistara o xurado do Concurso Autonómico da Raza polas súas estupendas formas.

A gandería de Santa Comba tamén levou o premio de mellor criador e mellor rabaño. Un recoñecemento que lles permite presumir de ter as mellores e máis fermosas vacas leiteiras do país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade