Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia da moza guindada dende a muralla de Lugo di que foi un ataque transfóbico

A familia da moza guindada dende a muralla de Lugo di que foi un ataque transfóbico

A vítima, de 23 anos, é unha moza transexual

G24.gal 04/11/2021 08:27

A familia da moza empurrada dende doce metros de altura na muralla de Lugo asegura que detrás desta agresión hai motivos de odio ao colectivo LGTBI, porque a vítima, de 23 anos, é unha moza transexual que vive a súa condición con normalidade.

Coñecérao poucas horas antes. Tras unha discusión, el empurrouna dunha altura de doce metros e fuxiu. Non se sabe cantas horas estivo inconsciente antes de poder pedir axuda. Ten fracturas por todo o corpo

O presunto agresor ten un ano máis ca ela. Detivérono e quedou en liberdade despois de declarar que non a empurrara.

Deron con ela á mañá seguinte e o rescate foi complicado, pola dificultade para acceder ao lugar e mais polo seu estado: tiña varias fracturas e moita dor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade