A exposición 'Máis que humanos' amosa as orixes e as posibilidades da intelixencia artificial
Afundación prepara a mostra na Coruña que se inaugurará o 5 de setembro
'More Than Human, máis que humanos', é un proxecto internacional creado polo Barbican Centre de Londres que explora a relación entre as persoas e a intelixencia artificial. Xa estivo en varios países, o último na China, desde onde viaxou por mar ata Galicia. Estes días estase a montar na Coruña, onde se abrirá ao público o próximo 5 de setembro.
"Amósanos coma as orixes da intelixencia artificial son moito máis antigas do que podamos pensar, remontándonos a relixións como a sintoísta xaponesa ou a xudía. É unha experiencia inmersiva que permitirá experimentar de primeira man as capacidades da intelixencia artificial, para poder entender mellor a súa historia e a relación dos humanos coa tecnoloxía.
Terás a oportunidade de cheirar as flores dunha árbore que se extinguiu hai máis de cen anos.
Atoparemos obras como por exemplo un sistema capaz de transformar os obxectos que vemos en tempo real en obras de arte", di a encargada da mostra.