Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo segue á marxe da alta velocidade

Lugo segue á marxe da alta velocidade

A estación luguesa só ten tres conexións diarias con Madrid

Moitos viaxeiros optan por coller o tren dende as estacións de Ourense ou León

A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades

G24.gal 19/04/2024 14:18

Só tres conexións ferroviarias unen Lugo con Madrid. Moitos buscan transportes alternativos, aínda que algún é toda unha odisea. "Normalmente eu viaxo en avión ou en coche"; "As veces que eu fun en autobús, esas sete horas son matadoras".

Atopar boas conexións de tren de Lugo con Madrid é unha misión imposible. "Hai pouco que tiven que ir a Madrid e era imposible ir dende Lugo, tiven que ir a Ourense".

Os que por traballo viaxan de xeito habitual a Madrid levan anos combinando o uso do coche con outras estacións.

"Tradicionalmente ía case sempre dende León, pero dende que hai AVE dende Ourense vou dende Ourense. Vou pola estrada de Sarria en vez de ir directo porque clama ao ceo como está a estrada", relata Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega.

O mal estado da estrada nacional que une Lugo con Ourense fai que moitos prefiran viaxar en coche ata León.

"Adoito coller o coche ata León e logo dende alí vou en AVE. Hai mellor estradas, hai autovía e autoestrada e en dúas horas chegas", explica Javier Núñez, que é arquitecto técnico e viaxe a miúdo a Madrid por traballo.

Cren que a clave non está en que as viaxes duren dez minutos menos, senón en ter un bo servizo e moitas frecuencias para escoller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade