Cargando resultados...
A escritura á man vive un rexurdimento ante o dominio do dixital
Belén Lamela cóntanos como vive da caligrafía artística
G24.gal
10/08/2023 21:19
Última actualización 10/08/2023 21:32
En agosto celébrase cada ano, dende 2017, o Día Mundial da Caligrafía, unha fermosa escusa para falar da arte da escritura á man, que está a vivir un rexurdimento en plena época dixital.
Contra o estrés, a desconcentración, o abuso de máquinas, as presas ou a multitarefa, a caligrafía axuda a concentrarse, a atopar atención e calma.
Falamos na Coruña con Belén, ou Nacu, que vive da caligrafía artística. Dá cursos, traballa con empresas de eventos, vodas, con particulares que queren enviar unha carta de agradecemento.