Cargando resultados...
A escaseza de xeo comeza a repercitir no prezo das consumicións da hostalería
Os provedores gastan ata catro veces máis en almacenar o xeo
Os hostaleiros aumentan o prezo das bebidas con xeo entre 10 e 30 céntimos

Alberto Mancebo
10/08/2022 15:01
Ata catro veces máis lles custa ás fabricas de xeo almacenar o produto, cóbranlles máis aos hostaleiros e eles teñen que cubrir o gasto dalgún xeito.
Xa había moitos locais que cobraban dez ou vinte céntimos máis por, por exemplo, un café con xeo pero agora súmanse máis locais ante a escaseza deste produto elevando os prezos ata 30 céntimos nalgúns casos, como nos conta Rafael Rúa da Asociación de Hostaleiros de Pontevedra Cidade Os consumidores enténdeno pero sen abusar, din.
Pola súa banda as asociacións de consumidores lembran que é legal pero Enrique García, voceiro da OCU, tamén o considera abusivo.