Publicador de contidos

Publicador de contidos

A entrada dun anticiclón traerá temperaturas de verán esta semana

A entrada dun anticiclón traerá temperaturas de verán esta semana

A corenta de maio as previsións indican que "si se pode sacar o saio"

A partir do xoves volveremos a "recuperar os 30 graos ou máis" en moitos puntos de Galicia"

G24.gal 09/06/2026 14:34

"Antigamente non cambiaban, en si a roupa non tiña o poder adquisitivo de poder cambiando segundo a temporada, pero o que si facían, se no inverno levaban 2 ou 3 refaixos, no inverno non os levaban e cambiaban tamén os panos", di Lucía Miramontes da tenda Bulideira.

As  tendecias da moda  adáptanse ao cambio climático, e en días de contraste térmico mesmo ao longo da xornda hai que mudar a vestimenta. Estes peregrinos saíron pola mañá de Arzúa cunha temperatura duns 7 graos. Cando cheguen á praza do Obradoiro andararán nos 20 .

"Levo o xersei na mochila e quito e poño".

"Aquí tes as catro estacións nun só dí . Isto é máxico", di uns camiñantes


Unha maxia, que é máis difícil de encontrar se completamos a xornada de laboral no exterior.

"Para a pintura, o mellor, pero, claro, estas temperaturas baixas pola mañá e agora calor... catarros, limítante algo", di un traballor.

Estamos a 40 de maio e as previsións indican que si poderemos sacar algunha capa de roupa esta semana e obtar por roupa máis lixeira.

"Temos un anticiclón con nós e vai permanecer uns días con nós. A partir do xoves volveremos a recuperar os 30 graos ou máis en moitos puntos do día. O que si se vai notar, nas horas centrais do día esta nortada", di Ana Celia.

Sen saio, pois, pero quizais con chaqueta para taparnos da nortada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade