Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa galega Mínima Boats exporta aos EUA 120 unidades dos seus barcos-casa

A empresa galega Mínima Boats exporta aos EUA 120 unidades dos seus barcos-casa

Un modelo único de barcos-casa fabricados en Galicia chama a atención do mercado americano

G24.gal 18/05/2023 15:11

Unha empresa de Cerquido, preto do Porriño, acaba de recibir un encargo desde os Estados Unidos para construír 120 unidades de apartamentos flotantes. Vimos os primeiros prototipos nos portos de Baiona e de Sanxenxo hai uns meses.

Ao comezo foron encargos de amigos e concibidos para pasar períodos de lecer nos embarcadoiros e para alugueiros de vacacións, pero a idea semella que resultou atractiva no mercado estadounidense, onde a idea de vivendas flotantes, o mesmo ca en países do norte de Europa, xa é algo máis habitual.

Algunhas unidades xa foron entregadas á distribuidora americana e navegan xa por Estados Unidos. Véndoos polo río, con ese cor branca, case poderían lembrar aqueles vapores de 1800, das películas do Mississippi. Pero son made in O Porriño. Fabrícanse nesta nave situada no municipio de Salceda de Caselas, onde a demanda medra de xeito exponencial.

 "Noutras partes do mundo o concepto de casa flotante leva moitos anos, pero nós o que tentamos é ir máis aló e facer unha casa que navegue, autopropulsada, e con moita comodidade a bordo", explica Xoel Álvarez, CEO de Mínimo Boats. 

A motorización é opcional, desde os que valen para pequenos traslados ata os que poden navegar por ríos e rías. As medidas permiten atracar coma se fose un iate e os materiais son de longa duración. O prezo, uns 150.000 euros e, si, reciben encargos de particulares.

"Comezamos co este tipo de embarcacións, que denominanos Minimo 8, e o mercado americano interesouse moito. E acabamos de asinar un contrato para subministrar 120 unidades só este ano", Xoel Álvarez, CEO de Mínimo Boats. 

Son modelos con dous camarotes, cociña-salón, baño, terraza na cuberta, e que poden abastecerse de enerxía eléctrica para autoconsumo con paneis solares. Para o ano que vén contan con que a demanda desde Estados Unidos a esta empresa galega se multiplique por dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade