Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amazon despedirá 30.000 traballadores, o 8,5% do seu persoal de oficinas

Amazon despedirá 30.000 traballadores, o 8,5% do seu persoal de oficinas

A medida comezará este martes e supón o maior axuste desde 2022

A compañía busca reducir gastos tras a sobrecontratación durante a pandemia

G24.gal 27/10/2025 21:53

Amazon despedirá a partir deste martes uns 30.000 empregados corporativos, o que representa o 8,5% dos arredor de 350.000 traballadores das súas oficinas centrais, segundo adiantaron os medios Bloomberg e Reuters.

Trátase do maior recorte de persoal desde que a multinacional suprimiu 27.000 postos entre finais de 2022 e comezos de 2023, tras o final do boom provocado pola pandemia da Covid-19.

As fontes citadas indican que Amazon está a ultimar un plan para reducir gastos e compensar o exceso de contratación realizado durante ese período de crecemento excepcional.

Nos seus últimos resultados empresariais, a compañía informou dun beneficio neto de 35.291 millóns de dólares (30.299 millóns de euros) no primeiro semestre do ano, un 50% máis, mentres as vendas alcanzaron os 323.369 millóns de dólares (277.630 millóns de euros), un incremento do 11%.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade