Publicador de contidos

Publicador de contidos

A electricidade baixa este mércores ata os 278 euros o megawatt hora

A electricidade baixa este mércores ata os 278 euros o megawatt hora

En Francia o prezo medio será de 430 euros e en Italia de 380

G24.gal 06/12/2022 16:43

A electricidade baixará este mércores un 3 %, ata os 278,5 euros o megawatt hora, despois de tres días consecutivos de subidas, segundo os resultados da poxa celebrada no mercado grosista da electricidade.

De non contar co chamado "mecanismo ibérico", que limita o prezo do gas natural destinado á xeración eléctrica, o prezo grosista para o mércores sería de 303 euros/MWh, 30 euros por baixo da véspera, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico da Electricidade e do Mercado Ibérico do Gas.

O prezo medio final é o resultado de sumar, aos 160,3 euros/MWh rexistrados para este mércores no mercado grosista, o axuste provisional que teñen que abonar os beneficiarios do tope ao gas para compensar as centrais que usan esa materia para xerar electricidade, que mañá se situará en 118,2 euros/MWh.

Por franxas horarias, e excluído o axuste, a electricidade alcanzará este mércores o seu prezo máis alto neste mercado grosista entre as 09:00 e as 10:00, con 156,8 euros/MWh, e o máis baixo, entre as 04:00 e as 05:00, cando o seu prezo será de 134,7 euros/MWh.

O prezo da electricidade para este martes é un 31 % máis caro que hai un ano, cando se situaba en 212 euros/MWh.

Con todo, o prezo en España estará novamente por baixo do rexistrado nos países da contorna, mesmo sen a aplicación do tope ao gas.

En Francia, o prezo medio será de 430 euros/MWh; en Italia, de 380 euros/MWh; no Reino Unido, de 312 libras/MWh (uns 362 euros/MWh), e en Alemaña, de 325 euros/MWh. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade