Publicador de contidos

Publicador de contidos

Requirimos seguridade xuridica, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Requirimos seguridade xuridica, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 13/06/2025 08:24

Galicia agarda por ter a súa enerxía. Por primeira vez temos un proxecto político de enerxía de Galicia para Galicia, o que non temos é seguridade xurídica para poder levalo a cabo. Preto de cen parques están en suspenso, centos de megawatts que podían estar ao servizo de Galicia e non o están. O novo marco económico europeo, fillo da desglobalización, vai premiar a quen sexa capaz de utilizar os nosos recursos.

Nós temos moitos, e temos algúns que nunca terminan, como o mar, o sol e o vento. Difícil comprender como non podemos usar recursos naturais renovables e con iso aportar diferenciais positivos á nosa economía. Esperamos que o un de agosto o Tribunal de Xustiza da Unión Europea fale, e con iso aporte a seguridade xurídica que tanto require a nosa economía.   

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade