Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os patinetes deberán contar con certificado de circulación a partir de 2024

Os patinetes deberán contar con certificado de circulación a partir de 2024

A DXT endurece a normativa e deberán acreditar que cumpren cos requisitos de seguridade

Os modelos anteriores poderán circular ata 2027

 

Europapress
G24.gal 28/08/2023 14:47

Máis dun millón de patinetes circulan xa polas cidades españolas. A partir de 2024 estes vehículos terán que contar cun certificado de circulación obrigatorio. Unha placa no chasis que acredite que o modelo cumpre cos requisitos de seguridade que marca Tráfico.

"Algúns modelos xa os teñen. Básicamente teñen que ter dobre freno, catadióptricos, luz de freno diferenciada, pata de cabra e timbre", comenta Román Seoane, de Vos Mobility.

Os patinetes antigos poderán circular ata 2027. Despois esgótase a moratoria da nova norma, que tamén establece unha potencia máxima de 1.000 watts para o motor.

"Se te moves por zonas con moita costa ou eres unha persoa moi corpulenta esa potencia máxima é posible que quede xusta", explica Román.

Na norma xeral, o casco e o seguro seguen a ser recomendables, pero non obrigatorios. Mantense a limitación de velocidade a 25 quilómetros por hora e a prohibición de circular por beirarrúas ou vías interurbanas. E, por suposto, nin alcol nin drogas nin auriculares nin móbiles están permitidos cando se manexa un patinete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar