Publicador de contidos
Publicador de contidos

A devoción pola Virxe do Cristal segue intacta malia o crime aínda sen resolver

A devoción pola Virxe do Cristal segue intacta malia o crime aínda sen resolver

Hai sete anos o párroco fora asasinado e roubaran a imaxe da Virxe, unha das máis diminutas do mundo

Danzantes en Vilanova dos Infantes
G24.gal 15/09/2022 14:07

Desde o século XVIII leva Vilanova dos Infantes honrando a Virxe do Cristal. Non a que está na capela, que é unha réplica, senón a orixinal, unha das imaxes da Virxe máis diminutas do mundo.

Manuel Riestra, vicepresidente da asociación de veciños de Vilanova dos Infantes: "Empezouse a procesionar no 1.700 e pico, na época das pestes. Tiñamos aquí un hospital e, ao pasar polo hospital, o manto azul da Virxe púñase negro. E a partir de aí comezaron as curacións".

A orixinal desapareceu en marzo de 2015, o mesmo día en que o seu custodio, o párroco Adolfo Enríquez, falecía dunha brutal malleira por parte dos presuntos ladróns. Un caso sen resolver que segue causando dor entre os seus fregueses.

"Foi unha traxedia o que pasou con don Adolfo, un homicidio. Non se pode expresar con palabras. É algo que nos doe a todos", subliña un veciño de Celanova.

A devoción á Virxe segue intacta. Ata Vilanova desprázase neste día xente de toda a comarca e arredores. "A santiña é a mesma, estea onde estea", din, aínda que confían en tela de volta algún día.

José Joaquín Borrajo Iglesias, párroco do Cristal: "Nunca perdemos a esperanza de vela aparecer e que regrese á súa casa, como debería estar".

Tamén son típicas desta romaría as danzantes que, un ano máis, bailaron na praza do burgo medieval de Vilanova dos Infantes, baixo a atenta mirada de todos os patróns das parroquias de Celanova.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar