O rexistro de capturas da pesca recreativa pode facerse nunha aplicación avalada pola UE
Os afeccionados entenden que os datos deberan estar sometidos a un control que garanta que son certos
Afeccionados á pesca recreativa gozaron en Viveiro dunha xornada idílica, a pesar de que os apresamentos foron escasos. Os participantes destacan o ambiente de camaradería a pesar da rivalidade.
A praia de Covas, en Viveiro, distribúese en sectores e, por sorteo, os pescadores ocupan os seus postos. Teñen tres horas antes de cambiar de emprazamento. Coinciden en que esta actividade engancha.
Hai 36 participantes. Xogan a clasificación para o campionato autonómico e logo o nacional. A partir do vindeiro ano, será obrigatorio facer un rexistro das capturas. Agora xa se pode facer a través dunha aplicación do teléfono móbil que conta co aval da Comisión Europea.
Os afeccionados entenden que os datos deberan estar sometidos a un control que garanta que son certos.