A Cultural pasa como un ciclón por Lugo e colócase líder (0-3)
Escudero (2) e o galego Bicho marcaron no segundo tempo
O problema do Lugo está no Anxo Carro. Perdeu o terceiro partido da temporada como local ante unha Cultural Leonsa que foi un ciclón. Controlou o partido no primeiro tempo e aproveitou os erros dos lucenses no segundo.
Tivo Willy Ledesma a mellor ocasión na primeira metade nun dobre remate en que quedou moi preto de adiantar o Lugo. O encontro decidiuse nun segundo tempo en que saíu o cadro visitante máis ambicioso. Avisou Samanés e non perdoou Rodri Escudero nun erro de saque de Gonçalo Tabuaço.
En dous minutos o exdianteiro do Compostela marcou dous goles e deixou moi encamiñado o encontro. O sadense Bicho faría o terceiro no minuto 74. Aínda quedaban peores novas para os de Munitis. Ledesma foi expulsado por unha agresión na área con vermello directo e haberá que ver cantos partidos lle caen de sanción.