Publicador de contidos

Publicador de contidos

A crise dos cereais coa suba dos pensos pon ao límite as explotacións de carne

A crise dos cereais coa suba dos pensos pon ao límite as explotacións de carne

Aínda que o quilo de carne experimentou unha pequena suba, segue a estar por debaixo dos 6,20 euros en orixe, mínimo que esixen os gandeiros para cubrir gastos

O Sindicato Labrego Galego sae á rúa en Vilalba para denunciar a situación

G24.gal 15/09/2022 14:16

Hai cinco anos Santiago deixou o seu traballo e colleu a remuda na explotación dos seus pais. Sabía que vivir do rural era duro, pero nunca pensou que as cousas se complicarían tanto. Ten 45 vacas de rubia galega que saen a pastar todos os días pero que tamén necesitan do penso, que cada vez é máis prohibitivo. 

"Subiu 200 euros en tonelada; para ter un produto como o tenreira galega suprema que é de máxima calidade hai que facer uns aportes de penso", conta Santiago que ademais é o presidente da asociación Gandeiros Galegos de Suprema en Lugo.

Subiron o penso, o gasóleo, os fertilizantes pero a carne seguen pagándoa por baixo dos seis euros, as contas non lles cadran. "Estamos en 6 euros, 6,50 por producir un quilo de carne, cobramos por debaixo deses gastos, loxicamente as explotacións non son viables", explica Santiago Rego.

El é un dos que se acolleu ás axudas públicas para poder tirar para adiante. "Son un anticipo pola totalidade da contía que lle corresponde a cada gandeiro", di o director xeral de Gandaría Silvestre José Balseiros. Axudas, engade "a custe cero para o gandeiro, en total son algo máis de 17 millóns de euros, uns 83 euros por vaca".

Ante a situación límite que vive o sector, hoxe moitos gandeiros volveron saír á rúa. Fixérono en Vilalba, nunha nova concentración convocada polo Sindicato Labrego Galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade