Publicador de contidos

Publicador de contidos

A costeira do bonito pode prolongarse ata outubro pola baixada nas capturas

A costeira do bonito pode prolongarse ata outubro pola baixada nas capturas

Tan só se pescou o 55 % da cota asignada para esta campaña

O peixe págase en lonxa a 4,60 €, un 14 % máis que hai un ano

G24.gal 17/08/2022 20:42

Baixa o consumo de peixe, soben os custos de explotación e certa que este ano as capturas resístense. Esas circunstancias levan a que só se teñan descargado arredor de 500 toneladas de bonito no porto de Burela a día de hoxe, un 45 % menos ca o ano pasado.

Así, agárdase que a costeira se prolongue ata finais de setembro e o obxectivo é que se poida chegar a cubrir integramente a cota asignada.

O principal motivo da baixada nas capturas atopámolo no comezo da campaña hai mes e medio. Daquela os prezos do gasóleo levaron a moitos barcos a permanecer en porto, xa que o gasto era elevado e non había garantías de retorno económico.

Ademais, o bonito está disperso este ano entre o sur de Irlanda e o golfo de Biscaia e a súa captura faise máis dificultosa. Esta diminución da oferta serve, iso si, para que todo o peixe teña cabida no mercado.

No que vai de campaña, o prezo medio do quilo de bonito sitúase en 4,60 euros, unha cotización un 14 % máis elevada ca o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade