Publicador de contidos

A costa norte, en aviso amarelo ata mañá

A costa norte, en aviso amarelo ata mañá

A franxa máis afectada é a comprendida entre Prior e Ribadeo

G24.gal 01/11/2021 17:17

Dende este mediodía ata a medianoite de mañá toda a costa norte de Galicia vai estar en aviso amarelo. Está activado pola acción combinada de mar de fondo e ventos que van ser cambiantes entre o oeste e o suroeste.

Este aviso amarelo perfila toda a costa norte de Galicia, pero existe unha franxa que será a máis afectada, a comprendida entre cabo Prior e Ribadeo. Xa de Fisterra para abaixo o que máis se vai notar é o mar de fondo con ondas que poden estar por riba dos catro metros.

Durante toda a mañá as choivas foron dispersas pero a medida que entre a tarde os ceos irán cubríndose e aparecerán as choivas, unhas choivas que tamén van ser as protagonistas nos vindeiros días no terzo norte da comunidade.

En canto as temperaturas descenden tanto as máximas coma as mínimas, hoxe houbo puntos de Galicia onde chegaron aos seis, sete graos e as máximas en toda Galicia xa non van superar os 20 graos.  

En Camariñas estivo durante toda a mañá unha temperatura moi agradable, e solleira pero xa empeza a notarse ese cambio de tendencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade