Publicador de contidos

Publicador de contidos

A coruñesa Yolanda Parga, nova responsable da arbitraxe feminina do CTA

A coruñesa Yolanda Parga, nova responsable da arbitraxe feminina do CTA

Participou en dous xogos olímpicos e en dous mundiais femininos

Foto @rfef
G24.gal 21/01/2022 12:14

Yolanda Parga Rodríguez (A Coruña, 1978) incorpórase ao Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol como Responsable da Arbitraxe Feminina. Desta forma, a exárbitra asistente internacional, cunha dilatada experiencia tanto sobre o terreo de xogo como na xestión deportiva, pasa a formar parte do grupo de traballo que encabeza Luís Medina Cantalejo como presidente do CTA.

A nivel nacional, Yolanda alcanzou a Segunda División do fútbol español na tempada 2006/2007. Como internacional, o seu primeiro gran logro foi a final da liga de Campións Feminina da UEFA disputada en Suecia en 2007. Ademais, estivo presente en 2 mundiais femininos: Alemaña 2011 e Canadá 2015, onde estivo no trío arbitral da final. E tamén foi seleccionada para 2 Xogos Olímpicos: Londres 2012 e Brasil 2016. Desde 2017 exerceu como responsable da arbitraxe feminina e dos árbitros asistentes na Federación de Fútbol de Madrid.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos