Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña, provincia galega onde máis clientes tratan de enganar o seguro

A Coruña, provincia galega onde máis clientes tratan de enganar o seguro

Aumentan os intentos dos clientes de enganar aos seguros de coche e fogar

Máis da metade dos condutores españois recoñecen que trataron de enganar o seguro algunha vez, segundo Línea Directa

A Coruña, a provincia galega onde máis aumentan os intentos de estafa ás aseguradoras. Pontevedra é a segunda, Ourense a terceira e Lugo a cuarta

G24.gal 06/02/2024 14:45

Os seguros dos coches son os que soportan máis picaresca, canda aos do fogar. E os intentos de fraude ás aseguradoras van en aumento: nos últimos dez anos multiplicáronse por cinco. Segundo un estudo que realizaron varias compañías, en Galicia a provincia onde se detectan máis intentos de estafa é a da Coruña.

Máis da metade dos que teñen un seguro de coche ou fogar en España din que si, que trataron de aproveitarse da aseguradora algunha vez. E catro de cada dez condutores galegos xustifican ese engano. Ven ben tratar de mentir nos partes dun sinistro ou á hora de contratar un seguro.

O perfil de quen máis engana os seguros é a dun home de menos de trinta anos, desempregado ou cun traballo precario. Nos dous últimos anos, a aseguradora Línea Directa detectou cen mil partes de accidentes con irregularidades e falsidades en favor do cliente. É case cinco veces máis das estafas que detectaron nos últimos quince anos.

Nos últimos dez anos, Línea Directa detectou máis de novecentas mafias de estafas masivas a aseguradoras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade