A Coruña é o destino español que máis medra entre as buscas dos turistas internacionais
Santiago ocupa a terceira posición e Vigo sitúase entre as 25 cidades máis demandadas para os estranxeiros
Un destino cunha chea de atractivos que non deixa de medrar. Dispárase a demanda internacional este verán en Galicia. Sábeno ben nos hoteis da Coruña.
"Eu estiven toda esta semana facendo check-in e case todos eran americanos. Notámolo moito", di Sheila Neira, do Hotel Hilton.
A demanda internacional de voos na Coruña sobre un 30 %. E o maior aumento de toda España.
"Estamos aquí para visitar o faro de Hércules", asegura un turista polonés.
Unha afluencia de turistas que eleva a ocupación hoteleira a cifras que rozan o cen por cento para agosto.
"Penso que nos quedan un paro de habitacións pero levamos dous anos con reservas para a eclipse", explica Sheila Neira, do Hotel Hilton.
Os turistas internacionais tamén poñen o ollo en Santiago. Ocupa o terceiro posto de España en tirón da demanda internacional.
"Estivemos na Catedral e na praza", "Probamos o raxo e o polbo", explican uns turistas galeses.
A gastronomía, xunto ao atractivo das rutas a Compostela tiran tamén da demanda en Vigo. Colócase entre as 25 cidades preferidas para o turista e consolidan Galicia como destino turístico internacional.