Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Comisión Nacional de Saúde Pública estuda a varíola do mono ante a extensión dos contaxios

A Comisión Nacional de Saúde Pública estuda a varíola do mono ante a extensión dos contaxios

A OMS eleva a 131 os casos de varíola do mono no mundo, un terzo deles en España

O Instituto Carlos III aínda non comunicou os resultados das PCR aos tres casos sospeitosos descubertos en Galicia

G24.gal 24/05/2022 15:05

"Tivo unha resposta moi rápida, tanto a nivel internacional como en Galicia. Hai unha semana non sabiamos da enfermidade agora xa temos detectados e pendentes de confirmar tres sospeitosos". O Conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, congratulábase así esta mañá da resposta dos servizos de vixilancia epidemiolóxica, que xa adaptaron os protocolos por se aparecesen novos casos con síntomas compatibles: urxencias, Atención Primaria e, por suposto, os hospitais teñen xa toda a información para recoñecer este virus.

"O factor que máis ten que chamar a atención son as vesículas e despois hai unha pregunta epidemiolóxica fundamental que é se o paciente tivo algunha conduta sexual de risco", explica Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública.

Os síntomas dermatolóxicos da varíola do mono poden confundirse con varicela ou coa enfermidade man-pé-boca. Primeiro produce febre, dor de cabeza e muscular. Pero hai un síntoma diferencial.

"Algo que é moi característico e que o distingue doutras enfermidades é que produce adenopatías, é dicir, que se inflaman os ganglios", subliña o dermatólogo do CHUS Manuel Ginarte.

O Centro Europeo para o Control de Enfermidades pon tamén o foco nos animais de compañía. Os roedores son o reservorio do virus en África e existe a posibilidade teórica de que pase a roedores en occidente.

As mellores noticias están para os que por idade foron vacinados da vella varíola, a enfermidade das noutrora temibles vexigas, que desapareceu nos anos oitenta. Os que están vacinados teñen unha protección do 80 %, co cal ou non desenvolven a enfermidade ou desenvolven cadros moi leves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade