Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia ameaza a colleita de cereal na Limia

A chuvia ameaza a colleita de cereal na Limia

A terra está asolagada e os agricultores anticipan perdas millonarias

G24.gal 28/03/2024 16:03

Preocupación entre os agricultores da Limia. Os campos da principal comarca cerealeira de Galicia están completamente anegados, o que atrasará ata un mes os cultivos de primavera. Reclaman axudas para salvar a campaña.

Completamente anegados, así é o como están a día de hoxe os terreos da comarca da Limia. Os agricultores están preocupados. Lembran que a chuvia xa estragou o 95 % do cereal de inverno. Agora terían que estar sementando o de primavera, pero na meirande parte das parcelas aínda non poden; nalgunhas hai ata medio metro de auga.

Din que este ano as perdas serán millonarias. Reclaman solucións para salvar unha campaña que xa cualifican de nefasta. Propoñen que este ano non teñan que rotar cultivos, medida obrigatoria para cobrar a PAC.

Tamén reclaman seguros adaptados á realidade galega. Din que están deseñados de acordo aos rendementos de Castela; isto implica que o 80 % da súa produción non está cuberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade