Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cesta da compra custa 36 euros máis ca o mes pasado

A cesta da compra custa 36 euros máis ca o mes pasado

Os produtos frescos son os que máis soben 

G24.gal 27/12/2021 13:31

Nun só mes a cesta da compra subiu en Galicia 36 euros. Os alimentos frescos son os que máis aumentan os seus prezos, por exemplo, o gasto medio dos galegos en peixes aumentou uns 25 euros e case dez euros nas froitas.

Houbo tamén lixeiros descensos, como nas bebidas ou algúns conxelados. Con todo, nun só mes, segundo un estudo da Unión de Consumidores de Galicia realizado para un xornal galego, os produtos encareceron preto dun 6 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade