Publicador de contidos

Publicador de contidos

O carriño da compra enfróntase a suba dos prezos

O carriño da compra enfróntase a suba dos prezos

En Galicia aumentou o prezo da tenreira e das hortalizas

O prezo do peixe mantense estable nas especies máis demandadas

O IPC aumentou en Galicia un 3,4% só no mes de abril

G24.gal 16/05/2026 14:56

A praza de abastos en Santiago de Compostela amosaba o rebulir propio dunha fin de semana, cos postos cheos de xente, entre turistas e os compradores de sempre. Pero a maioría concidía, os prezos dos produtos alimentarios están a subir moito.

Segundo o índice de prezos ao consumo, que serve de referencia para ver a evolución do custe dos produtos, en Galicia o prezo dos alimentos subiu un 3,4% de media no mes de abril. Un dos exemplos é o custo dos ovos, que aumentaron en xeral case un 15% con respecto hai un ano. 

Tamén na carne, o prezo da tenreira, dependendo da calidade e da peza, incrementouse uns cinco euros o quilo dende o ano pasado e entre un e tres euros quilo o custo da carne de porco. O polo grande, porén, aumentou lixeiramente.

"As carnes máis ou menos están igual, que xa viñan dunha suba anterior. O que si notamos é o gasóleo, que vai encarecendo os portes, o que pasa é que de momento non se está repercutindo nos prezos", comenta José Ramón del Río, da carnicería compostelá "Rosa e Moncho".

No peixe, o tempo no mar inflúe moito nas capturas, e tamén nos prezos. Así podemos atopar os lirios, a sardiña e o rapante sen variacións dende xaneiro, pero cunha suba da pescada de ata tres euros o quilo, mentres que o sargo pódese ata tres euros máis barato que o ano pasado.

"O xureliño dez euros, o lirio sete e oito, dependendo das calidades e tamaños. Non observo un incremento reseñable", conta Manuel Regenjo, da peixaría "Os de Lola".

Onde si están de acordo os compradores é nos altos prezos das legumes e das hortalizas, e dalgunhas froitas. Mentres que os clientes axustan cada vez máis á carteira, os praceiros tentan manter os prezos o máis estables posible e seguen defendendo o comercio de proximidade para garantir unha compra equilibrada e de calidade.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade