Publicador de contidos

Publicador de contidos

A central de Endesa As Pontes operará polo menos ata finais de setembro

A central de Endesa As Pontes operará polo menos ata finais de setembro

A eléctrica prorrogoulle os contratos que expiraban o 30 de xuño ás subcontratistas e tamén a previsión de permanencia ao persoal retornado

G24.gal 18/05/2023 12:59

A central térmica de Endesa nas Pontes manterá a súa actividade, polo menos, ata o mes de setembro.

A compañía xa lles trasladou esta decisións aos traballadores. Agora mesmo, na central das Pontes traballan unhas sesenta persoas que forman parte do cadro de persoal de Endesa.

Tamén continúan nos seus postos outros 80 que pertencen a empresas auxiliares. A previsión de Endesa é queimar durante os meses de xullo e agosto as preto de 200.000 toneladas de carbón que lles quedan.

O prazo da última prórroga concedida pola eléctrica ás súas empresas subcontratistas e ao persoal que retornara ás instalacións para poder operalas, aínda que xa foran destinados a outros postos, expira o 30 de xuño, polo que Endesa tomou cartas no asunto.

Para dar garantías e despexar a incerteza con respecto á instalación, a empresa decidiu prorrogar outros tres meses máis esas garantías de ocupación, ata finais de setembro.

A extensión da operación da térmica enténdese en clave de reforzo das garantías de subministración no sistema eléctrico, aínda que a achega que realiza é mínima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade