A casa dos 400 Papás Noel abre as súas portas polo Nadal
Visitar a colección de Fátima Ucieda xa é unha tradición solidaria en Oleiros
Por fóra, o número 31 da avenida Ramón Núñez Montero é unha vivenda máis do centro de Oleiros, pero o seu interior alberga un museo consagrado a un dos protagonista destas datas. Un ano máis, Fátima Ucieda abre as portas da súa casa para compartir a súa enorme colección de figuras de Papá Noel. Ten máis de catrocentas de todos os tamaños, materiais e estilos.
Achegarse a este domicilio polo Nadal xa é unha tradición solidaria en Oleiros. A anfitrioa agradece que os visitantes fagan un donativo ou deixen alimentos non perecedoiros para apoiar o labor de Cáritas. Todo o mundo é benvido en horario de cinco a oito da tarde, polo momento nas fins de semana, pero a partir do próximo todas os días ata a véspera de Reis.