Publicador de contidos

Publicador de contidos

A carne de poldro, cun 2,5% de graxa, preséntase como unha alternativa máis sá

A carne de poldro, cun 2,5% de graxa, preséntase como unha alternativa máis sá

Resulta idónea para dietas e é consumida por enfermos con doenzas como anemia ou cancro de colon

Distintas carnes de poldro expostas no mostrador da carnicería
Félix Aragunde 02/10/2025 20:49 Última actualización 02/10/2025 21:06

Enrique Pérez Pedre dedícase á cría de cabalos e vende carne de poldro na carnicería que abriu en Burela. Segundo sinala, trátase dun produto moi magro, cun tan só un 2,5 por cento de graxa, o que o fai idóneo para dietas e tamén para persoas, e incluso mascotas, con diversas doenzas.

"Non ten graxas, recoméndano moito para a xente con anemia ou con cancro de colon. Aquí os doutores mandan moita xente, polo que teño moita clientela dese tipo. Teño clientes desde Ribadeo ata Viveiro", afirma Enrique. 

Entre os clientes chegados dende toda A Mariña figuran tamén estranxeiros procedentes de países onde segue sendo habitual o consumo de carne de poldro, como é o caso da rexión de Asia Central.

"E levan a peza enteira. Canta máis graxa, mellor a queren, e nunca lles teño cortado. Por exemplo, a costela lévana enteira, sen lle cortar nada. Segundo sae, enteira", destaca o carniceiro. 

Xunto coa croca ou as costeletas, outros dos produtos que ofrece a base de poldro son chourizos, hamburguesas ou albóndegas. En total, Enrique despacha ao cabo do ano uns catro mil quilos deste tipo de carne, a maioría procedente do gando cabalar que el mesmo cría nos montes mariñaos. 

A carnicería burelá dispón deste produto estacional todo o ano agás na primavera A carnicería burelá dispón deste produto estacional todo o ano agás na primavera
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade