Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falta de peixe na dieta trae consecuencias para a súa saúde dos nenos

A falta de peixe na dieta trae consecuencias para a súa saúde dos nenos

Nutricionistas advirten de que os nenos deben consumir 3 racións de peixe á semana para un desenvolvemento físico e cognitivo axeitado

Detrás dun baixo rendemento escolar, dun déficit de atención e mesmo dalgúns problemas de vista hai en moitos casos un baixo consumo de peixe

G24.gal 26/09/2025 14:13

 "O peixe sabemos que non é algo que lles adoite entrar polos ollos, entón hai que poñelo apetitoso", di a cociñeira Noelia Calvo.

No colexio público Victor Sáenz de Mazaricos, a cociñeira prepara robaliza á prancha para preto de 70 comensais. De segundo prato, tomarán o peixe acompañado de ensalada.

"Normalmente no menú semanal adoitamos ter peixe os martes e os xoves, e algún día máis arroz mariñeiro, luriñas ou así".

"O que priorizamos é que sexan alimentos frescos e de calidade, por iso a final de curso poucos cartos nos quedan", explica o director do centro, David Fernández.

"Aquí ao ver comer ao do lado comen case todo, cómenos bastante ben, na casa é peor", di Susana Recarei, da Anpa.

Os produtos do mar teñen nutrientes necesarios para o desenvolvemento físico e cognitivo dos cativos. 

"Está rica toda a comida". "Gústame o peixe, o pan e o chourizo". "Aquí prepárano rico", valoran os cativos.

Un menú sen os ácidos graxos que achega o peixe, o DHA, terá consecuencias na saúde, segundo os expertos.

"O OMG3 é unha familia de ácidos graxos e dentro dela está o DHA, que é fundamental para o desenvolvemento neuronal dos nenos, ocular, para a vista, para a retina. Estamos vendo que nenos con déficit de DHA teñen problemas de hiperactividade, déficit de atención, problemas no rendemento académico", Carolina Becerra, nutricionista.

"O ideal sería que tomaran tres racións á semana. A ración depende do neno, entre 50 e 70 gramos sería o ideal.", explica.

A nutricionista suxire preparación máis atractivas.

"Unhas albóndegas de peixe, unha lasaña de salmón, uns paus de pescada pode facilitar que os nenos se adapten ao sabor", apunta Carolina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade