Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cantante Rosalía fixo o Camiño de Santiago cando tiña 19 anos

A cantante Rosalía fixo o Camiño de Santiago cando tiña 19 anos

G24.gal 12/04/2024 13:28 Última actualización 12/04/2024 13:46

O Camiño de Santiago atopou unha promoción inesperada: a cantante Rosalía peregrinou ata Compostela no 2011. Transcendeu agora grazas a unha conta nas redes sociais dun club de fans da cantante.

Tiña 19 anos. E aínda era unha descoñecida. Trece anos despois, unha conta de fans nas redes sociais saca á luz aquela viaxe. Son fotos dunha adolescente Rosalía compartindo a experiencia con outros peregrinos. 

En agosto do 2018 volveu a Galicia, e nun chío en que aparecen imaxes dese concerto lembrou a experiencia do Camiño e como mentres o facía pedía de corazón poder chegar algún día a dedicarse á música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade