Publicador de contidos

Publicador de contidos

A calor pon en aviso amarelo trece concellos do sur de Pontevedra

A calor pon en aviso amarelo trece concellos do sur de Pontevedra

Os avisos estiveron activos entre a unha da tarde e as nove da noite deste sábado

As máximas roldaron os 34 graos 

G24.gal 26/07/2025 21:32

Este sábado produciuse unha suba xeralizada das temperaturas na península ibérica que tamén se deixou sentir en Galicia, en especial no sur da provincia de Pontevedra.

A primeira hora da tarde activouse o aviso amarelo por calor en trece concellos pontevedreses, onde as máximas roldaron os 34 graos, entre eles O Porriño.

A calor mantivo o aviso amarelo activo ata as nove da noite en toda a zona do Miño de Pontevedra.

Este domingo non hai avisos previstos en Galicia pero as temperaturas seguirán altas en boa parte da comunidade nas horas centrais e prevese que a calor continúe durante os primeiros días da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade