Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor obriga a adiantar a recollida das flores e condiciona a campaña de defuntos

A calor obriga a adiantar a recollida das flores e condiciona a campaña de defuntos

A actividade en invernadoiros galegos intensificouse moito nos últimos días

A intensa calor das últimas semanas obrigou a cortar antes as flores e condicionou a súa calidade
G24.gal 09/10/2023 19:53 Última actualización 09/10/2023 20:30

A actividade en invernadoiros galegos intensificouse, e moito, nos últimos días. O motivo, que a recollida das flores cultivadas con vistas á campaña de defuntos tivo que adiantarse por mor da intensa calor.

E coa situación económica que estamos a vivir, moitos clientes miran cada vez máis o peto para axustar gastos tamén en santos. Por iso nas florerías insisten en que malia que quedan aínda tres semanas é importante adiantar os encargos para conseguir a opción que máis se adapte aos nosos gustos e tamén ao noso presuposto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade