A caída dunha árbore fai suspender a circulación de trens entre Ribadavia e Ourense
A catenaria desta vía sufriu danos pola caída da árbore e non se agarda que estea reparada ata as 14:00
A caída dunha árbore sobre a catenaria da vía causou este xoves a suspensión da circulación de trens entre Ribadavia e Ourense. Renfe informa de que os danos causados están a ser reparados, pero que ata as 14:00 non se agarda que se poidan finalizar os traballos para o arranxo da avaría.
A causa desta incidencia viuse afectada a circulación do tren entre Vigo e Barcelona, que, segundo anuncia a operadora ferroviaria, deberá regresar ata Redondela para realizar o traxecto a través de Santiago.
Unha espera que se fixo longa e que obrigou a moitos pasaxeiros a reorganizar as súas viaxes.
A afectación chegou a un tren de media distancia con saída dende Ourense cara a Vigo. Os seus pasaxeiros tiveron que facer o traxecto en autobús. O Alvia destino Barcelona chegaba a Ourense ás doce menos vinte da mañá, con dúas horas e cuarto de atraso. Ao mediodía quedou arranxada a catenaría e a circulación ferroviaria entre Vigo e Ourense.