Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dunha octoxenaria que caeu dunha plataforma na estación de tren da Coruña

Investigan a morte dunha octoxenaria que caeu dunha plataforma na estación de tren da Coruña

A falecida estivo 22 días na UCI e tres nun cuarto no CHUAC antes de falecer

Os familiares afirman que tiña un servizo de asistencia para subir e baixar do tren que nunca apareceu

G24.gal 30/07/2025 13:39

Os familiares dunha muller de 82 anos denuncian o falecemento desta logo de caer dunha plataforma na estación de tren da Coruña. O accidente ocorreu o 27 de xuño, e ela faleceu o 21 de xullo, tras 25 días ingresada no CHUAC.

Segundo fontes da familia, a octoxenaria sufriu un politraumatismo, múltiples costelas e dúas vértebras fracturadas por mor da caída.

Os achegados definiron a distancia entre a plataforma e o tren como non adecuada, deixaba só medio metro de separación.

Ademais, dixeron que a muller contratara un servizo que a asistía para subir e baixar do tren por parte de Renfe, pero este nunca apareceu.

"A clave do accidente, independentemente do oco existente, é que se fose acompañada por outra persoa non pasaría", incidiron.

Por outro lado, relataron que a socorreron bombeiros e sanitarios que a trasladaron ao Chuac, onde estivo 22 días na UCI e tres no cuarto.

Os familiares expuxeron que o día do falecemento un médico lles comunicou que tiñan un proceso xudicial aberto e ía proceder coa autopsia da vítima.

Ao día seguinte, a filla da octoxenaria tivo que ir ao Xulgado para facer unha declaración. Engadiron que o avogado da familia vai iniciar as accións xudiciais necesarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade