Publicador de contidos

Publicador de contidos

Previsión de máximas de 35 graos para este mércores no sur de Pontevedra

Previsión de máximas de 35 graos para este mércores no sur de Pontevedra

Dende esta mañá xa se superan os 25 graos e pola tarde poderíase alcanzar os 34

A Xunta non ve necesario lanzar un aviso por episodio de calor

Praia de Samil (Adrián Irago / Europa Press / Arquivo)
G24.gal 30/07/2025 11:58

No sur da provincia de Pontevedra xa notan as altas temperaturas que se esperan para a xornada deste mércores. Localidades coma Mondariz xa superan os 25 graos dende esta mañá.

Así, como recolle Meteogalicia, outros municipios como Pazos de Borbén, Baiona, Ponteareas e Marín chegan xa aos 24,5 graos.

Para esta xornada, Meteogalicia tamén ten un aviso amarelo activo na zona do Miño de Pontevedra e tamén no litoral da provincia, onde se poden superar ata os 34 graos durante a tarde.

Ademais, o Ministerio de Sanidade decretou nivel de risco alto e medio polas elevadas temperaturas na zona das Rías Baixas e no Miño de Pontevedra.

Na Xunta aclaran que as temperaturas son elevadas, pero como esperan mínimas de 17 e 19 non cren que sexan suficientes para xerar un aviso por episodio de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade