Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Jana vaise debilitando pero seguen as chuvias e os ventos fortes

A borrasca Jana vaise debilitando pero seguen as chuvias e os ventos fortes

Sete comunidades manteñen algún tipo de aviso por chuvias ou neve

A melloría das condicións meteoroloxías permitiu desactivar algunhas alertas

directo
G24.gal 09/03/2025 14:19 Última actualización 09/03/2025 15:03

A borrasca Jana comeza a debilitarse pero o tempo segue sendo moi inestable, con chuvias intensas, neve e ventos fortes. Este domingo comezou con once comunidades en alerta pero os servizos de emerxencia foron desactivando algunhas e agora só sete comunidades manteñen algún tipo de aviso. O paso de Jana deixa ríos desbordados e numerosas incidencias.

En Murcia, bombeiros e policías locais buscan unha persoa que, segundo contou unha testemuña, desapareceu no curso do río Segura. Outros axentes rastrexan a zona a pé, de momento sen éxito, e non descartan ampliar o perímetro de busca.

En Madrid desbordou o río Jarama nalgunhas zonas ao seu paso por San Fernando de Henares e os veciños de Galapagar aínda teñen o medo no corpo. O río Guadarrama desbordou e a auga chegou a moitas vivendas.

En Cataluña, as chuvias persistentes aumentaron o caudal dos ríos. O río Besós multiplicouno por dez. O parque fluvial permanece pechado. Tamén houbo desbordamentos nos ríos Llobregat, Congós e Ter. Protección civil pediulles aos cidadáns que non se acheguen porque o caudal, que vai seguir medrando, pode arrastrar persoas e vehículos. Ademais de Cataluña, a confederación hidrográfica do Ebro mantén a vixilancia dos ríos nas concas de Guadalaxara, Navarra e Aragón.

Andalucía contabilizou máis de 600 incidencias pola acumulación de lodo e de pedras ou pola caída de árbores. A  comunidade segue en alerta. As chuvias poden acumular ata 80 litros por metro cadrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar